lunes, 19 de mayo de 2014

Obradoiro Poético


Hoxe luns ás 20.00 comeza na nosa biblioteca da Casa do Pobo unha nova actividade quincenal, o Obradoiro poético.





Coordinado polo compañeiro Carlos Blanco será un taller de achegamento á poesía, á súa lectura, coñecemento e práctica.

Actividade: Obradorio poético
Lugar: Casa de Pobo. Zalatea 20. 15002 A Coruña
Horario: Luns a partires das 20.00 (quincenal)

domingo, 18 de mayo de 2014

Día das Letras Galegas na Agrupación Socialista Coruñesa



Na Agrupación Socialista da Coruña celebramos o Día das Letras Galegas que este ano está adicado a Xosé María Díaz Castro facendo unha pequeña homenaxe ao escritor recordando a sua vida e obra, pero tamén unha homenaxe á lingua galega lendo un texto creado polo compañeiro Jesús Penedo sobre os diferentes usos e significados da palabra.

Celebración do Día das Letras Galegas na Agrupación Socialista Coruñesa

O programa foi o seguinte:
1.- Presentación: Mar Barcón - Secretaria Xeral Agrupación Municipal de A Coruña
2.- Semblanza de Xosé María Díaz Castro: Loís F. R. Vázquez.
3.- Lectura publica do Sainete sen Pretensións: "
A Lingua, Ferramenta para todo" de Jesús Penedo.
Intérpretes: Pilar Muiños (Eufemia), Teresa Cotrofe (Virtudes), Jesús Penedo (Casqueiro), Pedro González (Leoncio) e Loís F. R. Vázquez (Prudencio).
4.- Lectura pública de poemas de X. M. Díaz Castro.
5.- Hino Galego.


jueves, 15 de mayo de 2014

Día das Letras Galegas 2014


Cada 17 de maio Galicia honra as súas letras e a súa lingua, así que o vindeiro 17 de maio ás 11.00 na Agrupación Socialista da Coruña celebraremos o Día das Letras Galegas que este ano está adicado a Xosé María Díaz Castro
¡Esperámosvos a todos!




Xosé María Díaz Castro
Día das Letras Galegas 2014
A noite é...

Hai homes cheos de sombra,
homes a contralús
que che fan ver a Deus
coma unha mar de lus.

A Noite é necesaria
pra que ti poidas ver
sobre o medo e o mal
as estrelas arder.


Xosé María Díaz Castro, Nimbos

lunes, 12 de mayo de 2014

Comienzan los encuentros literarios "Libros22"

A partir de este lunes 12 de mayo a las 20.00se inician los encuentros literarios "Libros22" en la Casa del Pueblo.
Coordinados por Pedro Incio, se dedicarán a los libros escritos en 1922 y, al tiempo, a repasar los acontecimientos, la geopolítica y la sociedad de aquél año para entender mejor su literatura.
En este primera sesión se comentará el libro "Carta a una desconocida" de Stepahn Zweig.
Cartel de los encuentros literarios